29.09.18 FOLIADA #2 - Anxo Lorenzo Trío


GA >> 

 

Na súa ampla traxectoria musical como gaiteiro, ANXO LORENZO participou en gravacións e concertos colaborando con grandes artistas e bandas folk de primeiro nivel como Kathryn Tickell, Carlos Núñez, Lúnasa, The Chieftains, Gwendal, Fred Morrison, Daimh, Michael McGoldrick, Alisdair Fraser, Celtas Cortos.... e coa súa banda ou trío subíu aos escenarios dos festivais máis importantes do mundo celta europeos como Celtic Connections, WOMAD, Lorient, Ortigueira, Cambridge Folk Festival, Labadoux, Willian Kennedy International Piping Festival, Intercéltico do Morrazo, Pardiñas, Zas, Getxo Folk ou Piping Live, conseguindo sempre boas críticas tanto do público asistente como dos artistas folk e tradicionais que acoden a estes festivais logrando conexiones musicais moi interesantes, algunhas das cales estarán colaborando no seu novo álbum como Jarlath Henderson, BlackieO’Connell, Ross Ainslie, Andy May, Germán Díaz ou Ali Levack entre outros. 

 

Ademais da súa vertente máis tradicional, artistas dos máis variados estilos musicais solicitaron a colaboración de Anxo coa gaita galega como Marta Sánchez na sintonía da Volta a España 2016, Mónica Molina, Ska-p, The National Jazz Orchestra ou Amistades Peligrosas logrando unha fusión natural da gaita galega con outros estilos musicais e abrindo novos horizontes dentro da vangarda musical como xa nos demostrou no seu primeiro álbum debut de fusión electrónica con Spiritu (986) - BMG (2000). 

 

O próximo 29 de setembro 2018 teremos o pracer de acollelos no Centro Galego de Bruxelas onde presentará o seu novo disco VORTEX! O álbum que foi grabado entre Galicia, Irlanda e Escocia conta con colaboracións moi especiais de músicos vinculados ao mundo folk, seguindo a liña de experimentación acústica dos seus últimos traballos, Tirán e Confuxon. Novas composicións e arranxos sorprendentes onde Anxo unha vez máis volve a exprimir as posibilidades da gaita galega e os whistles co seu peculiar freestyle buscando novos sons, ritmos e fusións xunto ao fantástico violinista irlandés Eoghan Neff.

 

ANXO LORENZO TRÍO: Anxo Lorenzo (gaita e whistles) Eoghan Neff (violín) Pablo Lafuente (guitarra)

 

Para finalizar o concerto haberá unha QUEIMADA e unha FOLIADA! Non dubidedes en traer os vosos instrumentos para acompañarnos na Foliada!

 


FR >> 

 

Le samedi 29 septembre prochain, le Centro Galego de Bruxelas aura le plaisir d'accueillir le gaiteiro ANXO LORENZO pour la présentation de son nouvel album VORTEX! Le disque a été enregistré en Galice, Irlande et Ecosse avec la collaboration de nombreux artistes du monde folk. Anxo Lorenzo présentera ses nouvelles compositions et arrangements surprenants à la gaita galicienne, le whistle avec son freestyle particulier à travers des nouveaux sons, rythmes et fusions accompagné par le violoniste irlandais Eoghan Neff.

 

ANXO LORENZO TRÍO: Anxo Lorenzo (gaita & whistles) Eoghan Neff (violon) Pablo Lafuente (guitare)

 

Pour terminer le concert, nous vous invitons à partager une QUEIMADA et une FOLIADA. N’hésitez pas à amener vos instruments pour vous joindre à la Foliada!


NL >> 

 

Op zaterdag 29 september verwelkomt het Centro Galego de Bruxelas de gaiteiro ANXO LORENZO voor de presentatie van zijn nieuwe album VORTEX! Het album werd opgenomen in Galicië, Ierland en Schotland met de medewerking van vele folkmuziek artiesten. Anxo Lorenzo zal zijn nieuwe composities en verrassende arrangementen voorbrengen op de gaita, de whistle met zijn specifieke freestyle door nieuwe geluiden en ritmes te fusioneren begeleid door de Ierse violist Eoghan Neff.

 

ANXO LORENZO TRÍO: Anxo Lorenzo (gaita en whistles) Eoghan Neff (viool) Pablo Lafuente (gitaar)

 

Na het concert volgt een QUEIMADA en een FOLIADA. Vergeet je instrumenten niet om mee te spelen tijdens de Foliada! 


PROGRAMA - PROGRAMME - PROGRAMMA:

20:00 Apertura / Ouverture / Opening

21:00 Concerto Anxo Lorenzo Trío 

00:00 Queimada + Foliada 

 

ENTRADA - ENTREE - INGANG:

Membros - Membres - Leden: 12€

Anticipada - Préventes - VVK: 15€

Taquilla - Entrée - Kassa: 18€

 

FACEBOOK

VIDEO

WEB

TICKETS ONLINE