GALICIA BAILA:

DANZA, MUSICA E CANTO TRADICIONAL GALEGO


GALICIA BAILA & A BANDA:

 

O grupo "Galicia Baila" foi fundado en 1980 no Centro Galego de Bruxelas para permitir que o pobo galego de Bruxelas se volva a conectar coa súa cultura de orixe, a cultura celta e dar a coñecer esta cultura á poboación belga. Coa axuda do goberno galego, os profesionais procederon de España para transmitir o arte da danza e da música. Moi rápidamente, a calidade dos bailaríns e músicos foi recoñecida, non só en Bélxica, senón tamén en España, Alemaña, Inglaterra, Francia, Holanda e Luxemburgo.

 

O grupo participou regularmente en concursos de baile, incluíndo o Concurso de Danza Tradicional Galega en Santiago de Compostela onde gañou o primeiro premio á mellor parella de baile, primeiro premio en danza e música.

 

"Galicia Baila" tamén gañou a Medalla de Ouro dúas veces no gran Concurso Mundial de Danzas Folklóricas de Palma de Mallorca para a mellor danza.

 

O grupo hoxe inclúe varias xeracións de bailaríns de 10 a 40 anos de idade. A roupa está feita de acordo cos estándares auténticos das diferentes rexións galegas, cos tecidos, xoias e adornos que require a tradición popular.

 

Os instrumentos que os acompañan son os da tradición ancestral: gaita, pandeireta, tambor, pandeiro, bombo, vieiras, etc. O grupo sempre esta acompañado das bandas da música galega "A Banda" e de canto galego "Afía".

CONCURSOS E MEDALLAS:

 

BELXICA:

Xuño 1983 en Braine L'Alleud : Medalla de Ouro ó mellor grupo de danza (Village n°1 Reine Fabiola). 

Xuño 1984 en Saint-Gilles : Medalla de Ouro ó mellor grupo de danza (Rencontres folkloriques belgo-espagnoles.)

 

ESPANA: 

Santiago de Compostela (Galiza)

Xullo 1982: Medalla de Bronce ó mellor grupo de danza folklorica.

Xullo 1987: Medalla de Prata ó mellor grupo e á mellor bailarina das danzas folclóricas galegas.

Xullo 1989 : Medalla de Prata ó mellor grupo de danza.

Xullo 1990: Medalla de Ouro o mellor grupo de baile, o mellor grupo de músicos e a mellor parella de danza galega.

 

Palma de Mallorca

Abril 1989 : Medalla de bronce internacional e medalla de Ouro nacional no Festival Mundial de Danzas Folklóricas.

 

Xullo 1993 : Medalla de Ouro ó mellor baile do Festival Mundial de Danzas Folklóricas.
Abril 2005 : Medalla de Ouro ó mellor baile do Festival Mundial de Danzas Folklóricas.